Oficios tradicionais galegos


O costume na construcción e interpretación dos nosos instrumentos musicais tradicionais, tanto de corda, coma de percusión ou vento xa se atopa documentado en Galicia, dende os séculos XI e XII, o que supón unha longa historia.
(máis…)

Son moitos os oficios tradicionais da nosa terra galega. Foron cambiando moito co avance da modernidade e a maior parte deles caeron en desuso.
(máis…)

BUÑO é unha parroquia situada no corazón da Comarca de Bergantiños e pertence ó Concello de Malpica (provincia da Coruña). A actividade dos seus poboadores divídese principalmente en agricultura e gandería, actividade esta última da que existe documentación que a acredita dende o século XVI e pola que esta parroquia é máis coñecida.

(máis…)

Unha das profesións máis estendidas por Galicia é a dos canteiros, “labradores da pedra da arte popular” e das máis espléndidas e fermosas obras da arquitectura galega. Que o canteiro exista en todo o ámbito galego débese á abundancia de granito, fundamento da paisaxe galaica. Eles ennobreceron este oficio coa exuberante contribución artística que a súa habilidade deixou na arquitectura á que impregnaron de grandiosa magnificencia.
(máis…)

A arte da cestería é anterior á cultura dos castros. A súa influencia pódese percibir, segundo algúns arqueólogos, na decoración trenzada das olas castrexas, nas alfaias prehistóricas e nos sinais de barro que cubrían as paredes das casas nas citanias.
(máis…)

É a cerámica unha das poucas actividades artesanais da Comunidade galega da que se pode facer un seguimento histórico polo miúdo, dende o máis afastado Neolítico deica chegar, ó longo dos séculos, ós nosos días.
(máis…)

Os oficios téxtiles artesanais en Galicia tiveron unha enorme importancia socioeconómica no pasado, e toda a xeografía da Comunidade Autónoma está pragada de referencias ó liño (os topónimos: Liñares, Liñeiro, Liñariño, etc. existen en numerosos lugares das catro provincias).
(máis…)

Son varios os traballos con metais que se poden atopar en Galicia:
(máis…)