Música galega


Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato…

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato…

A moza que é caladiña
e non di mal de ninguén,
canto máis baixinho mira
tanto máis amores ten.

Fonte:Arquivo “Fillos de Galicia” publicado por Juan Manuel Fernández

Fixen a cama no monte,
a cabeceira na pedra,
ríome de ti, meniña,
agora vaite a la mierda.

A raiz do toxo verde

é moi mala de arrincar,

os amoriños primeros

son moi malos de olvidar.

Quen fala de mín, quen fala,

quen fala de mín quen é.

Será algún zapato vello

que non me sirve no pé.

Unha vella díxolle á outra

por un burato da porta,

ti goberna a túa vida

ca miña nada che importa.

Eu quixera o teu querer
pouquiño a pouco, morena,
cando chove miudiño
queda máis auga na terra

Miña nai como é tan pobre

cando non ten que me dar,

éncheme a cara de bicos

e despois ponse a chorar.

O loureiro raís de ouro

bota folliñas de prata…

Coller amores non custa

olvidalos si que mata.

Púxenlle un pleito a un veciño

polo rego dun outeiro.

Gastar gastei canto tiña,

pero amolar amoleino.

Páxina seguinte »