Lun 1 Nov 2010
Historia da chuvia que cae todos os días
Posted by zerovacas under Libros recomendados, Outros
Comentarios desactivados en Historia da chuvia que cae todos os días
Nun espazo pechado dous personaxes espidos descobren a súa violencia. Un pai e un fillo, sen poesía, sen adornos, coa dureza dunha realidade que non é tan allea ao país para o que se conta. Como a chuvia que cae todos os días, que algúns poetas cantan e que amola a meirande parte da xente. A pequena historia dun pai e dun fillo que forma parte dunha historia colectiva, en que a emigración é asunto central. Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro obtivo o XVIº Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2007.
Historia da chuvia que cae todos os días
Roberto Salgueiro
Xerais
48 páxinas – 13,60€

grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.