Lun 1 Nov 2010
Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica
Posted by zerovacas under Didácticos e Referencia, Historia e ensaio, Libros recomendados
Comentarios desactivados en Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica
Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica, de Xurxo Martínez Crespo, é un libro sobre o exilio económico e político galego nestes catro países do Caribe. Cun prólogo do ministro do Poder Popular para a Cultura da República Bolivariana de Venezuela, Farruco Sesto, este libro é a primeira obra gráfica sobre o exilio galego nestes catro países. Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela son para o autor o mesmo país, a mesma patria: América. As galegas e galegos que marcharon fixérono a América moito antes de que existisen países ou nacións tal como as coñecemos hoxe en día.
Galiza en Dominicana, Nicaragua e Panamá. Unha ollada fotográfica non fala do exilio e da emigración en abstracto, senón de exiliados en concreto. Esta é a nosa homenaxe por tantas penalidades e ausencias. Por non poder volver ao país, por desmembrar corazóns sen querelo. Galicia ten unha débeda histórica impagábel con todas elas e con todos eles. Tamén ten unha débeda cos Gobernos que abriron as súas portas aos que ninguén quería. Que nunca se esquezan estes nomes nin rostros de homes e mulleres é a intención deste libro.
Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica
Xurxo Martínez Crespo
FESGA
156 páxinas

grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.