Sáb 30 Out 2010
Entremiradas II. Galicia-Cuba
Posted by zerovacas under Coñecer Galicia, Libros recomendados
Comentarios desactivados en Entremiradas II. Galicia-Cuba
Maribel Longueira presenta este volume, que constitúe unha aperta fraternal entre dúas terras distantes na xeografía, pero vencelladas para sempre pola historia: Cuba e Galicia. As súas páxinas está habitadas por fotografías de Longueira e textos curtos de autores principais da cultura cubana e galega actual. Os primeiros comentan imaxes de Galicia e os segundos, retallos da Cuba dos nosos días captados polo obxectivo sensual da fotógrafa coruñesa.
Entremiradas II. Galicia-Cuba
Maribel Longueira
Xunta de Galicia
144 páxinas – 15€

grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.