Comic


Tras Cita na Habana, o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece Campos de Cuba, álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi Torres, estudante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota, segundo a súa propia definición. A estes títulos engádese agora o de desertor. Maxi vive na Habana baixo unha falsa identidade. No comezo desta aventura é capturado polos seus antigos compañeiros de exército e levado á fortaleza do Morro, onde está a agardalo un consello de guerra con trámite previo a un máis que probable fusilamento. Pero Maxi vaise rebelar contra o seu destino… cunha pequena axuda dos seus amigos. Tamén entrará en contacto con Chinito, un xefe mambí que anda argallando unha importante operación que pretende cambiar o curso da guerra. Ao remate, vai ser Maxi quen intente cambiar o curso da operación de Chinito. Froito de catro anos de demorado e conciezudo traballo este novo libro de cómic supón a consolidación definitiva desta serie de Jaraba como a máis importante das publicadas ata hoxe en lingua galega.

Campos de Cuba
Fran Jaraba
Xerais
56 páxinas – 14,75€


Secretaría Xeral de EmigraciónEste artigo foi publicado
grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.

En 1895 estoupa en Cuba a terceira e definitiva das guerras da independencia. Un mozo compostelán sen un céntimo, Maxi Torres –estudiante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota segundo a súa propia definición–, alístase voluntario no corpo expedicionario español e cruza o océano co único propósito de atopar na illa a súa amada, a actriz Lola Molina “La Argentinita”. Mentres rastrexa a pista de Lola, Maxi vese inmerso cada vez máis naquela guerra que, desde o outro lado do mar, se sentía como algo lonxano, véndose na obriga, en moitas ocasións, de tomar partido ante os acontecementos que o envolven. Tralos pasos de Lola percorrerá boa parte da illa e, como o heroe grego Ulises, ata o remate da súa odisea no se vai decatar de que o máis importante da viaxe estaba no camiño. Cita na Habana tamén é unha modesta homenaxe á memoria das víctimas da guerra do 98, cíviles e militares, dun bando e doutro e á daqueles que quedaron aquí a agardalos para sempre.

Cita na Habana
Fran Jaraba
Xerais
56 páxinas – 14,75€


Secretaría Xeral de EmigraciónEste artigo foi publicado
grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.