Mar 8 Set 2009
Manuel Curros Enríquez: O Maio
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego, Literatura galega
Comentarios desactivados en Manuel Curros Enríquez: O Maio
Mar 8 Set 2009
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego, Literatura galega
Comentarios desactivados en Manuel Curros Enríquez: O Maio
Lun 13 Xul 2009
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
1 Comment
O raposo é animal utilizado en comparacións pola astucia que sabe usar para sorprender ás pitas e para facerse ó morto cando o sorprenden no galiñeiro; ata a forma de correr é curiosa porque nunca siguen unha carreira en liña recta, de aí o dito: sabe as voltas do raposo.
(máis…)
Xov 16 Out 2008
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en Os animais no folclore: o galo
O galo é un pouco guardián e reloxio da casa. Anuncia o paso das bruxas polos arredores do galiñeiro cun fino silbido que pon alerta ás pitas e ós donos para tomar medidas de seguridade contra elas.
(máis…)
Lun 9 Xuñ 2008
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en Os cocos
Co nome xenérico de coco falamos dun ser indefinido que pode ter moitas formas (e nomes), no que non cren os adultos e que usan para asustar ós nenos, coa intención de que durman ou non enreden como ben di a copla:
(máis…)
Xov 3 Abr 2008
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
[3] Comments
As anduriñas traen a boa fortuna ás casas onde fan o niño e por elo non llo destrúen, antes axúdanlles a que teña máis firme nas vigas dos corrais ou no balcón da casa.
Mar 20 Nov 2007
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en A importancia da pala aberta ou cerrada no arado de vertedera
Hoxe quixera facer unha pequena reflexión, sobre a importancia de levar a pala aberta ou cerrada nun arado de vertedera. Dito así, calquera pode pensar, e que carallo máis dá. Pois non benqueridos amijos, non vos é así. A ver si o dou explicado ben e xa veredes coma a próxima vez que vaiades votar as patacas habédesvos fijar na dichosa pala do arado.
(máis…)
Ven 16 Nov 2007
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en O ferro en Galicia
A explotación do ferro entre nós demóstrase na época castrexa non soamente polos achádegos de instrumentos deste metal, que en cabo poderían ser importados, senón tamén polos rixóns que, procedentes de fundición, coma nos de Baltar, Baroña e Troña, quedan en grandes cantidades.
(máis…)
Sáb 10 Nov 2007
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en Os poderes da auga para os galegos
Nas crenzas e supersticións de Galicia, as augas teñen un culto que se pode calificar de tradicional e xeral, sen dúbida polas súas condicións creadoras e fecundantes. Para os nosos aldeáns as augas son salutíferas, beneficiosas, prolíficas e ata sanadoras.
(máis…)
Mar 6 Nov 2007
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en Os druídas
Os druídas preséntanse a miúdo como sacerdotes da relixión celta pero o seu papel envolvía moitos aspectos máis. Hai quen afirma que eran prácticos en dereito, medicina, educación, ciencias, poesía e historia; e hai quen os xulga sanguinarios e crueis, pois é fama que realizaban sacrificios humanos. Os bardos, poetas, oradores e músicos eran os que exhortaban ós guerreiros, e outras xerarquías estaban consagradas á instrucción da mocidade.
(máis…)
Mar 30 Out 2007
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
[4] Comments
Segundo Murguía, a morte é o vencello misterioso e invisible das almas, unidas polos íntimos afectos que aquí no mundo as xuntaron. É o limiar dunha nova vida, que representa a vida eterna, sen medo á morte que non virá endexamais.
(máis…)