Mér 11 Nov 2009
A Queimada máis o Esconxuro (3)
Posted by casdeiro under Cociña galega, Esconxuros, Licores
Comentarios desactivados en A Queimada máis o Esconxuro (3)
A Queimada máis o Esconxuro (3)
Ingredentes
- 1 litro de Augardente
- 150 gr de azucre
- Cascas de limón ou laranxa
- uns grans de café torrefacto
Descrición
- Nun recipiente de barro cocido (pote da queimada) vértese a augardente e o azucre
- Engádense as cascas de limón ou laranxa e o café.
- Remóvese e plántaselle lume cun cazo tambien de barro no que primeiro colocaremos un pouco de augardente.
- Moi amodiño, achégase ó pote ata que o lume pase do cazo ó augardente. Remóvese ata que o azucre se consúma.
- Esperamos a que as chamas teñan unha cor azulada ou pareza que quere apagarse, para porlle o testo e apagala; o mellor e sacar unha pouca e probala.Ter en conta que ó estar quente aparenta máis forte.
Notas
- Facedea un día con lúa nova ou chea, mellor chea. Cando recitedes o conxuro e acendades a queimada as luces han de estar apagadas, iso daralle máis meigallo a algo que xa o ten de por sí.
- A augardente sácase do bagazo da uva coa axuda do pote do augardenteiro, composto polo pote, o caparacete, a babilla e o depósito onde está o serpentín coa auga para arrefriar o destilado.
- Cando se está a destilar, a augardente ten que ir saíndo cun fío continuo e delgado e non a cachón. A destilación parase cando a augardente xa non “reza” ou “reza” pouco. Chámanlle rezar as burbullas que fai o fío de augardente a caer nun vaso ó saír do serpentín.
Esconxuro
(…tócanse os cornos)
Cornos de vaca, cornos de boi,
cornos de carneiros, cornos de castróns,
afinade nas bocas dos demos
que viven nas covas de o males.
Soprade demos hasta rebentar.
(… tócanse os cornos)
Espertade bruxas durmidas,
vestídevos bruxas espidas,
esmarañadas cos demos escornados
deixade os pecados da carne cheirenta;
vide aquí a esta festa
onde arde a augardente
e seredes limpas dos pecados.
(… tócanse os cornos)
Aquí quéntanse as fríxidas
aquí apágase as calores da entreperna,
aquí soñase a vida,
aquí está a fonte de alegría.
a vida e chama que arde.
(…remátase tocando os cornos)
Comensales: 6