Xov 10 Mai 2012
Ensalada de pementos recheos
Posted by Crisanto under Cociña galega, Ensaladas
Comentarios desactivados en Ensalada de pementos recheos
Ensalada de pementos recheos
Ingredientes:
- 8 pementos verdes de Oimbra ou Noia
- 8 pementos de piquillo asados
- Cenoria
- Aceite
- Vinagre de Módena
- Sal
Para o 1º recheo:
- 150 g de bonito en aceite
- 4 follas de leituga
- ¼ cebola verde
- ½ pemento verde
- 1 culler de maionesa
Para o 2º recheo:
- 150 g de bonito en aceite
- ¼ cebola verde
- 1 trociño de pemento vermello
- 3 anchoas en aceite
- 1 culler de maionesa
Para o prebe alioli
- 1 ovo
- 1 dente de allo
- Aceite de xirasol
- Zume de limón
- Sal
Descrición:
- Limpámo-los pementos verdes sacándolles o carozo e deixando o pemento enteiro sen rompelo.
- Fritímo-los pementos en abondoso aceite quente. Logo de fritilos tapalos cun testo e pelamolos
- Esmigallamos o bonito, lavámo-la leituga e picámola en tiras, picamos tamén a cebola mailo pemento verde.
- Limpamos, pelamos a cenoria e facémola en lascas coa axuda do pelador
Recheo 1º, para os pementos de piquillo
- Facemos este recheo mesturando a metade do bonito, un cuarto de cebola mailo medio pemento verde picados, engadimos unha culler de maionesa e pomos a punto de sal.
- Enchemos os pementos de piquillo e metémolos na neveira a refrescar.
Recheo 2º, para os pementos verdes fritidos:
- Mesturamos a outra metade do bonito, un cuarto de cebola mailo pemento vermello picados, as anchoas tamén picadas, engadimos a culler de maionesa e pomos a punto de sal
- Enchemos os pementos verdes e metémolos na neveira a refrescar.
Facémo-lo prebe alioli:
- Batemos co batedor eléctrico o ovo, a temperatura ambiente, o dente de allo, un chisco de zume de limón e sal.
- Engadimos pouco a pouco aceite formando un fío, ata que a salsa calle. Pomos a punto de sal e limón.
Montámo-la ensalada:
- Repartimos nos pratos a leituga, a cenoria en lascas que arranxamos con vinagre de Módena e aceite de oliva e sal.
- Por riba dela pomos 2 pementos verdes e 2 de piquillo recheos, adornados cun fío de prebe de alioli.
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4 persoas