Cogomelos


Cogomelos recheos

Ingredientes:

  • 200 g de Cogomelos ostreiros (Pleurotus ostreatus)
  • Fariña
  • Ovo
  • Aceite
  • Sal

Para o recheo:

  • 2 cebolas brancas
  • 1 pemento verde doce
  • 1 dente de allo
  • 400 g de bacallau desalgado
  • 200 g de queixo de untar (tarrina)

Para o prebe:

  • 40 g de queixo azul
  • 1 culler de manteiga de leite
  • 200 g de nata líquida
  • Salsa Perrins
  • Brandy

Descrición:

Facémolo recheo:

  1. Amolecemos nunha tixola tapada a fogo baixo as cebolas mailo pemento verde e o allo picados miudiños cun chisco de aceite e sal.
  2. Cando estea brando engadímo-lo bacallau desalgado e esmigallado e deixamos que se faga uns 5 minutos
  3. Engadimos o queixo e ligamos a farsa.

Facémo-lo prebe:

  1. Nunha tixola a fogo baixo desfacémo-lo queixo azul maila manteiga.
  2. Engadímo-la nata e unha gotas de salsa Perrins
  3. Concentramos un pouco e engadímo-lo brandy.
  4. Flamexamos e deixamos reducir para espesar

Montámo-lo prato

  1. Pómolo recheo entre dous cogomelos e despois de pasalos por fariña e ovo fritímolos en abondoso aceite quente
  2. Presentámolos no prato regados co prebe

Tempo: 30 minutos

Comensais: 4

Receita: Roliños de salmón con cantarelos

Ingredentes

  • Salmón afumado
  • 1 aguacate
  • 4 follas de leituga
  • 6 Cantarelos frescos ou en conserva de vinagre (Cantharellus cibarius)
  • Maionesa de cogomelos
  • Col lombarda
  • Rabaníños
  • Cancro de mar (imitación)

(máis…)

Ingredentes

Os ingredentes son orientativos.

  • 1 mada de grelos,
  • 3 ovos,
  • 1 chisco de sal,
  • 500 gr. de cogomelos (champiñons ou nìscalos) (máis…)

Receita: Patacas con pingas de ouro

Ingredientes

  • 1 Kg de patacas
  • 1/2 Kg de pingas de ouro Lactarius deliciosus
  • 2 pementos chouriceiros
  • 1 cebola
  • 3 dentes de allo
  • 1 culleriña de pemento picante
  • Aceite y sal

(máis…)

Receita: Pés azuis con queixo Cabrales

Ingredientes

  • 1 Kg de Pé azul (Lepista   Nuda ou Lepista Personata)
  • 1/2 litro de nata
  • 100 gr. de queixo de Cabrales
  • 1 leituga
  • 6 dentes de allo
  • 6 polas de perexil
  • Pementa negra, aceite y sal

(máis…)