Ven 24 Xuñ 2016
Bacallau á Palleira
Posted by Crisanto under Arroces, Cociña galega
Comentarios desactivados en Bacallau á Palleira
Bacallau á Palleira
Ingredientes:
- 4 talladas do lombo de bacallau desalgado
- 2 pementos vermellos (400g)
- 2 pementos verdes (400g)
- 3 cebolas brancas
- 3 dentes de allo
- 5 patacas
- Aceite e sal
Preparación:
- Cortámo-la cebola, os pementos mailo allo en xuliana e pómolos amolecer a fogo maino nunha tixola con aceite. Salgamos e tapamos cun testo para que amoleza mellor e non seque. Cando estea ben mol levantámo-lo lume e deixamos que doure un chisco.
- En tanto, nunha prancha ou nunha tixola un chisco de aceite pomos as talladas de bacallau para que se vaian facendo a fogo medio ata que estean algo douradas. (Uns 5 minutos)
- Pelámo-las patacas e cortámolas en lascas de 0,5cm. de groso e logo de salgalas fritímolas en aceite moi quente e abondoso ata que estean douradas.
- Facémo-lo montaxe do prato pondo unhas patacas embaixo e por riba a tallada de bacallau cuberta coa fritada de pementos e cebolas.
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4 persoas