Search Results for “crema de augardente”.


Receita: Crema de Augardente (1)

Ingredentes

  • ½ l. de augardente galego de 45% vol.
  • 470 g. de leite condensado
  • 100 g. de xarope de caramelo ou de azucre acaramelado
  • 80 g. de xarope de chocolate ou 30 g de chocolate de fundir desfeito nun pouco de leite
  • 1 copa de anís 36% vol.
  • 1 chisco de azucre vainillado
  • Leite, o necesario

(máis…)

Receita: Crema de Augardente (2)

Ingredentes

  • 1 l de augardente
  • 740 g de leite condensado
  • 1/2 l de leite
  • 1 cunca de café ben cargado
  • 2 cuncas, das de café, de natillas
  • 3 culleradas de cacao en po

(máis…)

Receita: Filloas con Crema de Queixo

Ingredentes pras Filloas

  • 100 g. de fariña
  • 250 g. de leite
  • 2 ovos
  • 50 g. de manteiga
  • 1/2 copa de augardente
  • 1 limón (reladura)
  • 1 laranxa (reladura)

(máis…)

Receita: Xarope de Chocolate

Ingredentes

  • 5 culleradas de cacao
  • 5 culleradas de azucre
  • ½ l de auga
  • 150 g. da chocolate de fundir
  • 150 g. de manteiga

(máis…)

Ingredientes

Para a masa:

  • medio litro de leite cocido
  • 275 Grs de fariña de millo
  • 50 de manteiga
  • 3 ovos
  • 1 cullerada de azucre
  • 2 copas de anís (licor)
  • 1 culleradiña de auga de azahar
  • sal
  • touciño (ou no seu defecto, pingo)

Para a crema:

  • 500 Grs de balocas
  • un cuarto de litro de leite
  • 50 Grs de azucre glass
  • 100 Grs de manteiga
  • 1 barra de vainilla
  • 12 culleradas de coñac
  • 6 culleradas de augardente (preferentemente de anís)

Preparación e Presentación

Bótanse nunha cazola os ovos e bátense co zucre e a auga de azahar, váiselle arrexuntando a fariña, e logo bótaselle pouco a pouco o leite (se se forman grumos terémolo que pasar por un coador chinés). Agrégaselle unha chisca de sal, o licor e a manteiga derretida mentres se segue a bater; logo déixase repousar media hora nun sitio temperado.

Pasado o tempo ponse a tixola ao lume, untada con touciño ou manteiga e bótanselle 2-3 culleradas da pasta (o suficiente para que cubra o fondo e que quede unha pasta fina); cando escomece a dourarse, cóllese pola beira cos dedos e dáselle a volta. Débese de engraxar a tixola para cada filloa.

Para preparar a crema de balocas, hai que quitarlles a casca e a pel interior, bótanse nunha cazola con auga e déixase ferver (tamén se poden botar coa pel interior; xa que ao fervelas, axúdalles a que lles caia máis sinxelamente). Unha vez peladas, bótanse noutra cazola na que haberá leite e vainilla (tamén serve o fiúncho) e tápanse mentres se deixa a lume lento ata que o leite se evapore.

Retírase a vainilla e as balocas pasanse polo tamiz formando un puré, ao que se agrega a manteiga e o azucre; mestúrase ben ata formar unha masa compacta e déixase enfriar. As filloas recheanse con esta crema e enrólanse, colocándoas nunha fonte (vaixela), e salpicámoslles zucre glass. Póñense a quentar 12 culleradas de coñac e 6 de augardente (de anís) sen que cheguen a ferver. Régase o fondo da fonte e préndeselle lume. Sérvense ardendo (haberá que apagalas no momento de consumir ou antes de que queden torradas).

Fuente: Wikibooks.org

Receita: Torta de Castañas (3)

Ingredentes para o Biscoito

  • 4 Ovos
  • 125 g. de azucre
  • 125 g. de fariña
  • 50 g. de manteiga

(máis…)