Mar 12 Set 2017
Xurelo confeitado
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar, Sen clasificar
Comentarios desactivados en Xurelo confeitado
Xurelo confeitado
Ingredientes:
- 4 lombos de xurelo
- 4 dentes de allo
- 2 allos porros, o branco
- 1 ducia de tomates cereixa
- Tomiño ou romeu fresco
- Aceite de oliva e sal
- 12 rebandas de pan
Descrición:
- En primeiras, branquexamos os lombos e para iso metémolos en auga fría con sal durante unhas dúas horas. (100g por litro de auga)
- Nunha cazarola, onde caiban os lombos, botámolo aceite preciso para cubrilos lixeiramente, botamos tamén os allos cortados en lascas e deixamos que se fagan a fogo maino sen fritilos.
- Cando comecen a buli-los allos engadímo-lo tomiño mailos lombos coa pel cara arriba e deixamos que confeiten durante uns 40 minutos. Controlámo-la temperatura.
- Entrementres, nunha tixola con tapa e cun fondo de aceite amolecémo-los allos porros cortados en rodas delgadas xunto cos tomates cereixa cortados á metade.
- Entrementres tamén, torramos a rebandas de pan no forno a uns 85-90ºC
- Servímolos en pratos chairos pondo no fondo ¼ dos allos porros cos tomates, por enriba o lombo de xurelo e decorado ó redor coas rebandas torradas
Notas:
- A temperatura de confeitado do xurelo será duns 60ºC. Para controlar a temperatura o mellor e empregar un termómetro de cociña ou, aínda que isto pode ser arriscado, metendo o dedo; a 60ºC podemos aguantar o calor sen queimarnos.
- Cando amolezas o allo porro non esmagues os tomates queda mellor se fican enteiros.
Tempo: 50 minutos, sen o tempo de branquexado Comensais: 4