Ven 17 Feb 2017
Crema de limón
Posted by Crisanto under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Crema de limón
Crema de limón
Ingredientes:
- 225 g de manteiga de leite
- 200 g de azucre
- 4 ovos
- 250 ml de zume coado de limón
- 10 g de maicena (1 culleradiña)
- O relado de 2 limóns
Preparación:
- Mesturamos nun cazo o azucre xunto coa manteiga que quentamos para que funda
- Por outra banda mesturamos nunha cunca os ovos, a zume de limón, o relado maila maicena; batémolo ben e botámolo no cazo,
- Pomos o cazo no lume medio e sen que ferva remexemos ben coas variñas de man ata que calle; isto pode levar preto de 8 minutos. Coámola cun coador de arame e deixámola na neveira un par de horas dentro dunha cunca cun filme transparente pegado a crema para que ó arrefriar non faga codia.
Nota:
- Non ten que chegar a ferver; hai quen na fai ó baño maría pero si podes controlar ben o lume podes facelo á fogo directo.
- Podes gardala na neveira ata un par de semanas.
- Esta receita pode valer tanto como recheo de tortas e pasteis, ou coma unha saborosa crema que se pode tomar soa.
Tempo: 25 minutos Comensais: 4