Ven 24 Xuñ 2016
Bacallau ó xeito antigo
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
[3] Comments
Bacallau ó xeito antigo
Ingredientes:
- ¾ kg. de bacallau salgado
- 2 pementos vermellos
- 2 cebolas cebola
- 1 kg. de patacas
- 1 vas0o de viño branco
- 4 ovos cocidos
- Perexil picado
- Aceite de oliva e sal
Preparación:
- Desalgámo-lo bacallau, 48, 36 ou 24 horas segundo sexa de groso, mudándolle a auga cada 12 horas. Logo de desalgalo escamámolo e secámolo ben.
- Acendémo-lo forno e pómolo a máxima temperatura (240-250ºC) e asamos nel os pementos untados con aceite e con unha chisco de sal por riba. Con 35 minutos terá dabondo. Tapámolos cun pano para que súe e logo pelámolos e reservámolos.
- Pelámo-las patacas e cortámolas en rebandadas de 1 cm. de groso e as cebolas en media lúa.
- Nunha tarteira de barro ou nunha bandexa de levar ó forno facemos unha camada coas patacas, por riba arrombámola cebola. Salgamos, empoamos con perexil e regamos co viño branco e cun bo chorro de aceite de oliva
- Logo de asarmos os pemento baixámo-lo forno ata uns 220ºC e metemos nel a tarteira, tapada con papel de aluminio, polo decurso de 20 minutos,
- Entanto, fritímo-lo bacallau, envorcado en fariña, nunha tixola con aceite, volta e volta.
- Pómo-lo bacallau sobre a camada de patacas e cebola, tapamos co papel aluminio e volvemos meter ó forno, esta vez a 180ºC durante 15 minutos.
- Pasado o tempo quitámolo do forno e adornamos cos pementos cortados en tiras e os ovos, cortados ó longo, en cuartos.
Tempo: 45 minutos
Comensais: 4
Mil gracias por la receta. Parece estupenda.
Grazas, un bico
a
A túa receita esta moi ben e asemella gorentosa Xa sabes, de gustos non hai nada escrito. Hai circulando pola rede un chea de receitas distintas ou máis ou menos iguais e cada quen escolle a seu gusto, o caso é que che guste e che saia ben.
Unha agrimosa aperta e bicos.