Bacallau á Palleira

 

Ingredientes:

  • 4 talladas do lombo de bacallau desalgado
  • 2 pementos vermellos (400g)
  • 2 pementos verdes (400g)
  • 3 cebolas brancas
  • 3 dentes de allo
  • 5 patacas
  • Aceite e sal

 

Preparación:

  1. Cortámo-la cebola, os pementos mailo allo en xuliana e pómolos amolecer a fogo maino nunha tixola con aceite. Salgamos e tapamos cun testo para que amoleza mellor e non seque. Cando estea ben mol levantámo-lo lume e deixamos que doure un chisco.
  2. En tanto, nunha prancha ou nunha tixola un chisco de aceite pomos as talladas de bacallau para que se vaian facendo a fogo medio ata que estean algo douradas. (Uns 5 minutos)
  3. Pelámo-las patacas e cortámolas en lascas de 0,5cm. de groso e logo de salgalas fritímolas en aceite moi quente e abondoso ata que estean douradas.
  4. Facémo-lo montaxe do prato pondo unhas patacas embaixo e por riba a tallada de bacallau cuberta coa fritada de pementos e cebolas.

 

Tempo: 30 minutos

Comensais: 4 persoas