Albóndegas de peixe

 

Ingredientes:

Para as albóndegas:

  • 1 Kg de xurelo, cabala ou outro peixe
  • 1 cebola nova (200g)
  • 2 dentes de allo
  • 50 g de pemento verde italiano
  • 1 rebanda de pan reseso (50 g)
  • Leite gordo
  • 2 ovos
  • Perexil
  • Aceite de oliva e sal
  • Fariña e ovo para rebozar

Para o prebe:

  • 1 cebola (350 g)
  • 100 g de pemento verde
  • 1 dentes de allo
  • 3 pementos secos
  • 1 tomate maduro
  • 2 vasos de caldo de peixe
  • Aceite de oliva e sal

 

Preparación:

  1. Facémolas albóndega e para iso comezamos pondo o pan a remollo en leite
  2. Amolecémola cebola e o allo, moi picadiños, nunha tixola con aceite ata que esta un pouco branda. Afastamos do lume e reservamos.
  3. Entanto, sacámoslle ó peixe a pel, as arganas e picamos miúdo a carne.
  4. Nunha cunca botámo-lo peixe picado, o pan escoado e espremido, o perexil os ovos maila cebola reservada, mesturámolo todo e pómolo no seu punto de sal.
  5. Facémo-las albóndegas e logo de pasalas por fariña e ovo, fritímolas en abundante aceite quente.
  6. Deixámolas escoar sobre papel de cociña e reservámolas nunha tarteira.
  7. Facémo-lo prebe. Comezamos pondo a remollo, en auga quente, os pementos secos durante uns 20 minutos. pasado o tempo sacámoslle a polpa cun coitelo e reservámola.
  8. Entanto, amolecémola cebola picada xunto co allo e cando estea branda engadímoslle o tomate relado e deixamos que cozan xuntos uns minutos; logo botámoslle o caldo maila polpa reservada e deixamos que fervan uns 20 minutos.
  9. Pasado o tempo triturámolo, pómolo no seu punto de sal e pasámolo polo coador  chinés.
  10. Por outra banda cortámolos pementos verdes en tiras e fritímolas nunha tixola con aceite a fogo medio ata que estean brandos
  11. Botamos o prebe quente por cima das albóndegas e logo de que ferva un minuto apagámolo lume.
  12. Deixámolas repousar uns minutos antes de servilas decoradas coas tiras de pemento fritido.

 

Nota:

  • Podemos facer bolas con calquera peixe, o sabor dependerá do peixe que empreguemos.

 

Tempo: 40 minutos                                                  Comensais: 4