Abadexo con prebe de mexillóns

 

Ingredientes:

  • 4 toros (1 Kg.) de abadexo fresco (bacallau)
  • 1 ½ Kg. de mexillóns
  • 1 cebola branca grande
  • 1 pemento vermello
  • 3 dentes de allo
  • 4 tomates maduros
  • 1 vaso de viño branco
  • Perexil picado

Para a gornición:

  • 2 cenorias
  • 1 ramo bo de brócoli.
  • 1 Kg de patacas
  • Aceite
  • Sal

 

Preparación:

  1. Salgamos por os dous lados os toros de abadexo para que collan o sal e reservamos
  2. En primeiras abrímo-los mexillóns nunha ola tapada cunha pouca auga, durante  máis ou menos uns 5 minutos; quitámolos da auga e logo de sacarlles a vianda, reservamos esta e a auga que soltaron.
  3. Entanto, fritímo-los allos picados nunha tixola con 5 culleradas de aceite e logo que collan algo de cor botámo-la cebola mailo pemento picados e deixamos amolecer ben.
  4. Escaldámo-los tomates cun corte en cruz feito na parte darriba para pelalos mellor e sacámoslles tamén as sementes.
  5. Botámo-los tomates picados en anacos pequenos e deixamos facer uns 10 minutos.
  6. Engadímo-lo vaso de viño branco, un vaso da auga de coceren os mexillóns e deixamos facer outros 10 minutos.
  7. Logo engadimos parte dos mexillóns deixando uns poucos, os máis lucidos, para botar por riba do abadexo.
  8. Trituramos co batedor eléctrico e pasámo-lo prebe polo coador chinés. Deixámolo no lume a fogo moi baixo para mantelo quente sen que salpique.
  9. En tanto para facer a gornición pomos a cocer, por uns 15-20 minutos, en auga salgada as patacas peladas e cortadas en rodas para cachelos, as cenorias en bastóns; o brócoli en anacos en outra aga con sal durante 10 minutos. Cando estea cocido escoamos ben e reservamos.
  10. En tanto coce a gornición pomos os toros de abadexo no prebe e deixamos guisar uns 10 minutos dándolles a volta ós 5 minutos.
  11. Pasado o tempo presentámo-los toros de abadexo nunha bandexa regados co prebe, adornados con mexillóns e perexil picado e rodeados pola gornición.

 

Tempo: 45 minutos                                                  Comensais: 4 persoas