Lun 29 Xuñ 2015
Bonito con prebe de tomate e cebola acaramelada
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bonito con prebe de tomate e cebola acaramelada
Bonito con prebe de tomate e cebola acaramelada
Ingredientes:
• 2 toros de bonito fresco (750g.)
• 4 cebolas brancas
• 2 dentes de allo
• 100 g. de tomate fritido
• Aceite de oliva e sal
Preparación:
1. Pelámo-las cebolas, cortámolas en medias lúas, o mesmo que os dentes de allo e pómolos a amolecer, a fogo maino, nunha tixola cuns 100 ml. de aceite.
2. Logo duns 20-25 minutos sacámolo da tixola, escoámoslle ben o aceite, e reservámolo. Por suposto, salgámolo no seu punto.
3. Dourámo-los os toros de bonito, uns 2 minutos por cadansúa banda e reservámolos.
4. Pomos no fondo do prato o tomate fritido, enriba o bonito e por cima del a cebola acaramelada. Adornamos cun detalle verde coma unha pola de perexil, perifol, amenta, etc
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4
No Responses to “ Bonito con prebe de tomate e cebola acaramelada ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.