Empanadillas de bonito e ovo

Ingredientes:
Para a masa:
• 100 g de fariña triga
• 2 culleradas de aceite
• 125 ml de auga
• 1 ovo tamaño pequeno
• 1 chisco de sal
Para o recheo:
• ½ cebola
• 1 dente de allo
• 1 ovos cocidos
• 1 pemento italiano verde
• 100 g de bonito en aceite
• 4 culleradas de tomate fritido
• Sal
• Aceite de oliva, para fritilas

Preparación:
1. Facémo-la masa. Nunha cazarola quentámo-la auga xunto co aceite e o sal; cando ferva afastámola do lume, engadímoslle a fariña e remexemos con forza ata que estea ben mesturado todo.
2. Botámo-lo ovo e incorporámolo á masa .
3. Pasámolo a unha cunca enfariñada e logo de tapalo cun pano húmido deixámolo repousando na neveira un par de horas.
4. Pasado o tempo botámo-la masa sobre o mesado enfariñado e estendémolo cun rolo ata deixalo cuns 2 milímetros de groso.
5. Cortámo-la masa cun corta pastas redondo, cun vaso grande ou mesmo cunha cunca
6. Facémo-lo recheo. Picámo-la cebola mailo allo e amolecémolos tapados nunha tixola, a lume maino, con 3 culleradas do aceite do bonito. Cando estea mol engadímo-los pementos picados e deixamos facer uns 5 minutos máis. Afastámolo do lume, pomos no punto de sal e deixámolo arrefriar
7. Cando estea frío, engadímoslle o ovo picado, o bonito esmigallado, o tomate fritido e mesturámolo todo.
8. Facémo-las empanadillas pondo unha culleradiña do recheo nas obleas e, logo de dobralas pola metade, cerrámolas premendo cun garfo ó redor.
9. Fritímo-las empanadillas en aceite ben quente e o sacalas pousámolas sobre un papel absorbente para que perdan o aceite que arrastran

Notas:
• Podes mercar obleas na tenda se non queres facer ti a masa
• Tamén podemos pintalas con ovo batido e facelas ó forno uns 10 minutos a 190 º C ata que douren

Tempo: 20 minutos sen contar o repouso da masa
Comensais: 4