Albóndegas de bonito fresco

Ingredientes:
Para as albóndegas:
• 700 g de bonito
• 1 cebola nova
• 1 rebanda de pan reseso
• Leite gordo
• 2-3 ovos
• Perexil
• Aceite de oliva e sal
• Fariña e ovo para rebozar
Para o prebe:
• 1 cebola
• 2 dentes de allo
• 3 pementos secos
• 1 tomate maduro
• 2 vasos de caldo de peixe
• Aceite de oliva e sal

Preparación:
1. Facémolas albóndega e para iso comezamos pondo o pan a remollo en leite
2. Amolecémola cebola e o allo nunha tixola con aceite ata que esta un pouco branda. Reservamos.
3. Entanto, sacámoslle ó bonito a pel, as arganas e picamos miúdo a carne.
4. Nunha cunca botámolo bonito picado, o pan escoado, o perexil os ovos maila cebola reservada, mesturámolo todo e pómolo no seu punto de sal.
5. Facémo-las albóndegas e logo de pasalas por fariña e ovo, fritímolas en abondoso aceite quente.
6. Deixámolas escoar sobre papel de cociña e reservámolas nunha tarteira.
7. Facémo-lo prebe. Comezamos pondo a remollo, en auga ben quente, os pementos secos durante uns 20 minutos. pasado o tempo sacámoslle a polpa cun coitelo e reservámola.
8. Entanto, amolecémola cebola picada xunto co mallo e cando estea branda engadímoslle o tomate en anacos e deixamos facerse xuntos uns minutos; logo botámoslle o caldo maila polpa reservada e deixamos que ferva uns 15 minutos.
9. Pasado o tempo triturámolo, pómolo no seu punto de sal e pasámolo polo chino.
10. Botamos o prebe quente por cima das albóndegas e logo de que ferva un minuto apagámolo lume e deixamos repousar outros 5 minutos máis antes de servilas

Nota:
• Quen di bonito, di tamén atún, pescada, xurelo, cabala, etc

Tempo: 40 minutos
Comensais: 4 ou máis