Mér 14 Dec 2011
Montadiño de paté pato e cebola
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Montadiño de paté pato e cebola
Montadiño de paté pato e cebola
Ingredientes:
* 2 boliños pequenos de pan
* 50 g de paté fígado de pato
* Marmelada de amoras
* 1 cebola
* 1 culleriña de azucre
Descrición:
- Cortámo-la cebola en medias lúas e facémola á fogo baixo; cando estea branda engadimos o azucre e deixámola facer ata que acaramele.
- Cortámo-los boliños pola metade, torrámolos un chisco nunha tixola e montámo-la tapa pondo enriba do pan un pouco de fígado de pato, enriba unha culler de cebola acaramelada e por riba de todo un chisco de marmelada de amoras
Nota:
- Para facer estas tapas tamén podemos empregar de base un pan estreito tipo “baguette”,que cortaremos un pouco á esgallo
Tempo: 30 minutos
Tapas: 4
No Responses to “ Montadiño de paté pato e cebola ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.