Ven 30 Set 2011
Pementos recheos de verduras e lagostinos
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Pementos recheos de verduras e lagostinos
Pementos recheos de verduras e lagostinos
Ingredientes:
- Rebandadas de pan
- Pementos de piquillo enteiros para encher
- Verduras:
- ½ pemento verde
- ¼ pemento vermello
- ½ cebola
- ¼ cabaciño
- 4 champiñóns
- 6 lagostinos cocidos
- Leite
- 1 Ovo batido + Fariña
- Aceite de oliva
- Sal
Descrición:
- Picamos tódalas verduras e refogámolas nunha tixola con aceite ata que estean tenras.
- Logo disto engadimos os lagostinos picadiños e deixamos facer outro pouco.
- Deixamos que reduza un pouco, pomos a punto de sal e engadimos unha culler de fariña e algo de leite para liga-la farsa
- Enchémo-los pementos coa farsa, rebozámolos con fariña e ovo batido e fritímolos na tixola con abondoso aceite.
- Servímolos quentes sobre cadansúa rebandada de pan que torraremos un chisco.
Tapas: 4 ou máis
Tempo: 30 minutos