Mar 21 Xuñ 2011
Centola
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Centola
Centola
Ingredientes
- 1 Centola
- Auga do mar
- 2 follas de loureiro
Descrición:
- Para cocermos a centola metémola viva nunha pota con auga fría mailo loureiro (se a temos man empregaremos auga do mar, senón, auga con sal mariño; 25 gramos por litro, 1 culler ben chea por litro de auga).
- Se a centola está ou morta ou conxelada metémola directamente en auga fervente. Aconsello empregar centolas vivas.
- Pómo-la pota a lume forte e cando empece a ferver contamos 15 minutos para unha centola mediana e entre 18-20 minutos para unha grande.
- Sacámo-la da pota, e deixámola arrefriar ben en auga salgada (25g./litro) con xeo denantes de servila.
Notas:
- Vai moi ben acompañada dun bo Albariño, mais, senón temos, un bo viño branco da terra tamén lle vai ben
- Segundo o refraneiro galego a centola hai que comela nos meses do “R” que é cando están máis cheas e saborosas; aínda mellor femia que macho pois aparte de estar máis chea, se cadra pode que teña as ovas; estas son moi gorentosas.
Outro xeito de preparala
- Toda vez cocida e fría, abrímo-la centola e pomos no prato, sobre unha cama de leituga ou escarola,a cuncha e as patas escachadas ó redor.
- Dentro da cuncha pómo-las ovas mailos zumes, os restos que fican na cuncha e a carne do corpo esmiuzada e mesturado todo cunha vinagreta feita con:
- 1 culler pequena de vinagre
- 2 culleres de aceite de oliva
- 1 anaquiño de pemento vermello
- 1 anaquiño de pemento verde
- ¼ de cebola de ensalada moi picada
- 1 ovo cocido picado
- 2 culleres de viño branco.
Comensais: 2 persoas
Tempo: 1 hora
No Responses to “ Centola ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.