Sopa de champiñóns e orella de porco

Ingredientes:

  • 1 bandexa de champiñóns (250g)
  • 1,5 litros de caldo de carne
  • 1 cebola mediana
  • 1 dente de allo
  • Pan para fritir
  • 1 orella de porco
  • Aceite
  • Sal

Descrición:

  1. Nunha pota con aceite botámo-la cebola mailo allo picados miúdos e deixámolos amolecer uns 5 minutos a fogo suave.
  2. Engadímosllos champiñóns limpos e esnacados, deixamos que se fagan un pouco, logo engadímolo caldo de carne e deixamos que se fagan xunto coa cebola.
  3. Triturámolo todo, coamos e pomos a punto de sal.
  4. Cocémola orella e cortámola, tamén en cadradiños e reservamos.
  5. Cortámo-lo pan en cadradiños, fritímolo en aceite e escorremos en papel de cociña.
  6. Servírmolo botando nos pratos cadanseus anacos de orella e uns cazos de sopa
  7. Enriba desta botamos un fío de aceite cru para adornar.
  8. Acompañamos en pratiño aparte os anacos de pan fritidos para que o comensal os bote por riba da sopa no intre de degustala..

Notas:

  • A orella podémola mercar  crúa ou salgada  e cocela logo aparte ou podes mercar orella que ven cocida e prensada en bloques coma friame.
  • O caldo de carne podémolo facer con carne de vacún ou de polo
  • Os cogomelos axeitados para este prato poden seren champiñóns, seta ostreira, boletos, níscaros, etc. Segundo sexa a variedade de cogomelo será ou seu sabor.

Tempo: 20 minutos

Comensais: 4