Posted by Crisanto under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Galletas de améndoas e noces
Galletas de améndoas e noces
Ingredientes:
Para a base
- 100 g. de fariña
- 100 g. de noces moídas
- 1 ovo
- 100 g. de azucre
- 20 g. de fermento do pan
- 1 vaso de leite
- Sal
Para pór enriba
- 100 g de biscoitos de “soletilla” desfeitos
- 100 g. de améndoas moídas
- 1 xema de ovo
- 50 g. de fariña de millo (maizena)
- Azucre moído
- Canela en po
Descrición:
- Facemos unha masa mai: desfacémolo fermento en algo de leite e botámoslle un pouco de fariña máis outro de azucre ata ter unha masa de consistencia normal. Deixamos levedar nun sitio morno.
- Mesturámo-la fariña restante coa masa xa levedada, engadímoslle o ovo, o azucre restante, as noces moídas e amasamos, botándolle auga se cómpre, ata que a masa non se apegue as mans. Deixamos levedar ½ hora.
- Namentres, mesturámo-los biscoitos, as améndoas, a maizena maila xema e amasámolos, se cómpre bótaselle algo de leite ou auga para ter unha masa só un pouco espesa Collemos agora a masa levedada e estirámola cun rolo ata deixala de 1 cm. de groso aproximadamente e cun vaso imos cortando círculos (7 cm. de diámetro aprox.).
- Enriba de estes círculos pomos un montonciño de biscoitos e améndoas.
- Pómolas galletas nunha bandexa de forno engraxada e deixamos fermentar de novo. (½ hora)
- Metémolas galletas ó forno quente a 180ºC polo decurso de 20 minutos
- Ó sacalas do forno empoámolas con azucre moído mesturado coa canela.
Tempo: 1 hora
Comensais: 4 ou máis
Etiquetas: améndoas, azucre, biscoitos, canela, fariña, fariña de millo, fermemto, leite, noces, ovo, xema de ovo