Bocadiño de xamón e queixo azul

Ingredientes:

  • Queixo azul
  • 4 panciños pequenos
  • 4 lascas de xamón
  • Aceite de oliva

Descrición:

  1. Cortámo-lo pan ó longo pola metade; ten que ser pan tenro do día para que trisque ó mordelo.
  2. Untámo-lo pan con queixo, por riba pomos unha lasca de xamón e un chorriño de aceite de oliva.
  3. Tapamos coa outra metade de pan deixando que se vexa por fora o que vai dentro do pan.

Nota:

  • Podémolo presentar tamén sobre medio pan torrado espetado cun pauciño
  • Podemos empregar outros tipos de queixo sempre que os podamos untar ou fundir.

Tempo: 10 minutos

Tapas: 4