Mar 24 Mai 2011
Milfollas con champiñóns
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Milfollas con champiñóns
Milfollas con champiñóns
Ingredientes:
- Masa de follado
- 100 g de champiñóns
- ¼ de pemento asado (piquillo)
- 10 g de fígado de pato
- 2 culleres de nata
- 1 chisco de pementa negra moída
- 1 cebola mediana
- 1 culler de azucre
Descrición:
- Cortámo-la masa de follado en anacos de uns 8 x 5 cm. e metémolos ó forno quente a 180ºC ata que estean feitos e dourados. Reservamos.
- Limpamos ben os champiñóns e cortámolos en lascas e facémolos a prancha, ou nunha tixola, cun chisco de aceite. Engadimos o pemento asado cortado en anaquiños para darlle un toque de cor. Salgamos e reservamos
- Botámo-la nata maila pementa moída ó gusto nunha tixola, pómola ó lume, deixámolo reducir ata que espese un chisco e mesturámola logo cos champiñóns. Reservamos.
- Picámo-la cebola en medias lúas e acaramelámola nunha tixola con aceite e azucre a fogo medio.
- Cando xa estea acaramelada, é dicir cando estea branda e teña cor dourada, afastámola do lume e reservámola.
- Coa punta dun coitelo facemos un burato duns 4 cm de diámetro, sen chegar ó fondo das milfollas e reservámo-la tapa.
- Enchemos este burato coa mestura de champiñóns e nata, pomos un anaco de fígado entre eles e pomos tamén por riba a cebola acaramelada.
- Adornamos cravando a tapa nun lado do recheo.
Nota:
- Esta tapa admite marmelada de froitos vermellos e froitos secos como noces, abelás e améndoas.
Tempo: 20 minutos
Tapas: 4
No Responses to “ Milfollas con champiñóns ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.