Champiñóns á prancha con touciño

Ingredientes:

* 4 rebandadas de pan

* 8 champiñóns grandes

* 50 g de touciño magro

* 1/2 dente de allo

* Aceite de oliva

* Sal

* Pementa negra

* Perexil

Descrición:

  1. Limpámo-los champiñóns sacándolles por completo o pé; se fora doado non os mollamos.
  2. Picámo-lo touciño e refogámolo un chisco nunha tixola con aceite mesturámolo con allo en anacos moi miudiños e con pementa negra moída. Reservámolo.
  3. Botamos un pouco de aceite de oliva na prancha e pomos enriba dela os champiñóns coas láminas cara abaixo.
  4. Logo de 2 minutos dámoslles a volta e enchemos os ocos dos sombreiros dos champiñóns coa mestura de touciño e allo e deixamos facer uns 3-4 minutos ata que estean asados.
  5. Namentres se fan e xa cara o final, botámoslles un pouco de perexil picado por riba.
  6. Facemos a tapa pondo enriba do pan 2 champiñóns asados espetados cun espeto de pau.

Tempo: 15 minutos

Tapas: 4