Lun 2 Ago 2010
Montadiño de queixo de cabra
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Montadiño de queixo de cabra
Receita: Montadiño de queixo de cabra
Ingredientes
- 2 boliños pequenos de pan
- Queixo de cabra en rulo
- 50 g de fígado de pato
- 1 noz
- Marmelada de amoras
- 1 cebola
Descrición
1. Cortámo-la cebola en xuliana (tiras) e facémola á fogo baixo ata que acaramele.
2. Montámo-la tapa pondo enriba do pan que torramos un chisco, unha cama de cebola, unha roda de queixo, máis un pouco de fígado de pato, por riba de todo un chisco de marmelada e adornamos con un ¼ de noz.
Notas
• Para facer estas tapas tamén podemos empregar de base un pan estreito tipo “baguette”,que cortaremos un pouco á esgallo.
Tempo: 15 minutos
Tapas: 4
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.