Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Tapa de pastel de escarapote
Receita: Tapa de pastel de escarapote
Ingredientes
Para monta-la tapa
- 100 g de pastel de escarapote (1 rebandada)
- 4 rebandadas de pan
- 4 colas de lagostino cocido
- Maionesa
Para face-lo pastel de escarapote
- 1 Kg. de escarapote
- 1 porro
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 6 ovos
- 150 g de nata líquida
- 100 g de tomate fritido
- Pementa branca
- Manteiga e fariña
- Sal
Descricion
Para a tapa
- Enriba de cadansúa rebandada de pan ponse ¼ de pastel, 1 lagostino e adornase con maionesa.
- Tamén podemos pór, en troques do lagostino, ½ pemento de piquillo pasado pola tixola.
Para face-lo pastel
- . Cocémo-lo peixe durante 10 minutos cuberto con auga con sal xunto co porro, a cebola maila cenoria.
- Sacámo-lo peixe e tirámoslle a pel, limpámolo ben de arganas e esmiuzámolo. (Gardámo-lo caldo de cocelo peixe para empregalo para facer calquera outra receita)
- Batemos co batedoiro eléctrico os ovos, a nata, a salsa de tomate, a pementa branca mailo esmigallado do peixe. Probámolo de sal e se fai falla salgamos un chisco.
- Botámolo todo nun molde de pastelería alongado engraxado e enfariñado.
- Metémolo ó forno quente a 180ºC ó baño maría polo decurso de 90 minutos a media altura. Probamos se está feito uns minutos antes picando cunha agulla, se sae limpa xa está feito.
- Deixar arrefriar ben antes de sacalo do molde.
Notas
escarapote s.m. Peixe mariño de rocha dunha familia á que pertencen distintas especies con espiñas na cabeza e outras provistas de glándulas velenosas na aleta dorsal. Os escarapotes presentan diversas cores segundo o fondo en que viven.No pais vasco chámano Kabracho
Tempo: 2 horas (incluindo facelo pastel)
Tapas: 4
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Etiquetas: cebola, cenoria, fariña, lagostinos, maionesa, manteiga, nata, ovos, pastel de escarapote, pementa branca, porro, Rebandadas de pan, sal, tomate