Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bacallau dourado ou á brás
Receita: Bacallau dourado ou á brás
Ingredientes
- 300 g. de bacallau desalgado,
- 2 cebolas
- 2 follas de loureiro
- 2 patacas
- 2 dentes de allo
- unhas febras de azafrán ou colorante artificial
- 3 ovos
- 8 olivas negras sen oso
- unhas pólas de perexil.
- Pementa negra moída (recente)
- Aceite de oliva
- Sal
Descrición
- Cortámo-la cebola mailos allos en xuliana e pómolos a amolecer cuns 50 ml de aceite nunha pota de barro (chan e non moi alta para logo poder meter ó forno), a fogo medio ata que comecen a dourarse un pouco. Engadímoslle tamén as follas de loureiro para que vaia collendo sabor.
- Sacamoslle a pel mailas espiñas e cortámo-lo bacallau en lascas cun coitelo ben afiado e reservamos.
- Cortámo-las patacas en tiras moi delgadiñas coma se fora palla, metemolas en auga para que perdan o almidón, escoámolas, secámolas e fritímolas en abondoso aceite de oliva ben quente. Teñen que quedar douradas mais non torradas
- Cando teñamos feita a cebola engadímoslle o perexil mailo azafrán e de seguido engadimos o bacallau, remexemos un pouco para mesturar coa cebola e deixamos ó lume uns 2-3 minutos para que se faga o bacallau.
- Logo disto engadímo-las patacas fritidas mailas as olivas, revolvemos ben, probamos de sal, salgamos se for necesario e pómoslle un pouco de pementa moída. Neste intre sacamos as follas de loureiro.
- Batémo-los ovos e engadímolos por riba e movemos lixeiramente, sen remexer moito, só para callar-lo ovo, e cando comece a callar, quitámola do lume e pasamos ao forno a dourar con grella forte ata que comece a tomar cor lixeiramente dourada.
- Esparexemos perexil picado por riba antes de servir
Quick Notes
• En Portugal teñen inventariadas más de 1000 receitas de Bacallau. Esta preparación de bacallau ten moita sona en Portugal.
tempo: 30 minutos
Comensais: 4 persoa
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.