Lun 26 Abr 2010
Arroz á mariñeira
Posted by Crisanto under Arroces, Cociña galega
Comentarios desactivados en Arroz á mariñeira
Receita: Arroz á mariñeira
Ingredientes
- 400 g de arroz bomba
- 1 cebola
- ½ pemento vermello
- 1 pemento verde
- 1 dente de allo
- 4 tomates medianos
- 1 peixe-sapo mediano
- 150 g de lagostinos pelados
- 100 g de luras
- 1 litro de caldo de peixe
- 2 follas de loureiro
- 50 ml. de aceite de oliva
- 1 vaso de viño branco
- 6 champiñóns pequenos
- Sal
Descrición
- Limpámo-las luras e cortámolas en aneles; limpámo-lo peixe-sapo e cortámolo en anacos do tamaño dunha noz; pelámo-los lagostinos. Reservámo-la parte limpa para botar ó arroz e a cabeza, a espiña do peixe-sapo mailas cascas e cabezas dos lagostinos para face-lo caldo de peixe.
- Facemos o caldo de peixe nunha pota con litro e medio de auga mailos restos que reservamos para isto, 1 cenoria, 1 porro, ½ cebola, as follas de loureiro e un bo chorro de aceite.
- Lavamos moi ben os champiñóns, secámolos partímolos en cuartos. Reservámolos.
- Escaldámo-los tomates, sacámoslles a pel, as pebidas e picámolos miúdo. Reservámolos.
- Botámo-los 50 ml. de aceite nunha paella, nunha pota ou nunha tixola ampla e cando o aceite estea quente botámo-lo peixe-sapo para darlle unhas voltas no aceite para selalo e non perda substancia; logo disto sacámolo. Logo facémolo mesmo cos lagostinos que tamén reservamos.
- Botamos neste mesmo aceite as verduras limpas e picadas miúdo mailo tomate e deixámolo amolecer a fogo medio polo decurso de 10 minutos tendo coidado que non se nos queime a cebola.
- Pasado este tempo engadimos o viño branco e deixamos outro pouco máis para que reduza e perda todo o alcohol.
- Neste intre engadímo-los aneles de lura e deixamos que se fagan coa verdura uns 5 minutos mais.
- Engadímo-lo arroz e remexemos con coidado para que absorba os sabores da fritura. (2-3 minutos)
- Engadímo-lo caldo de peixe ben quente para que ferva de seguido. (3,5 partes de caldo por cada parte de arroz) Pómolo a fogo forte ata que empece a ferver e logo baixámo-lo lume; tapamos para que ferva con pouco lume e non se evapore o caldo. Con 20 minutos é dabondo 11. Cando leve 15 minutos fervendo engadímo-lo peixe-sapo mailos lagostinos, probámolo de sal e engadímoslle caldo ou auga quente se cómpre botarllo.
- Toda vez que está cocido deixámolo repousar 10 minutos antes de servilo quente.
Tempo: 40 minutos
Comensais: 4
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
No Responses to “ Arroz á mariñeira ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.