Receita: Garavanzos con mexillóns

Ingredientes

  • 400 g de garavanzos
  • 16 mexillóns
  • 1 cebola
  • 2 cenorias
  • 2 dentes de allo
  • 1 culler rasa de pemento doce
  • 1 culler. de perexil picado
  • Aceite
  • Sal

Descrición

  1. Limpamos os mexillóns e abrímolos cun chisco de auga nunha pota con testo e reservámo-la carne maila auga que soltaron.
  2. Pomos os garavanzos a remollo de véspera en auga fría.
  3. Botámolos garavanzos nunha pota con auga fervendo (nesta auga poremos a auga que soltaron os mexillóns ó coceren) e sal xunto coas cenorias picadas e un chorriño de aceite.
  4. Cocémolos ata que estean tenros (Ollade o tempo que ven indicado no paquete; en pota normal de 2,5 a 3 horas). Sacámoslle a escuma que fan os garavanzos ó coceren.
  5. Nunha pota de barro con aceite, engadímo-la cebola mailos allos picados e deixámolos facer a fogo suave ata que amolezan e collan unha pouca cor.
  6. Logo disto engadimos o pemento doce e mesturamos ( non deixar queimar o pemento.
  7. Escoámo-los garavanzos, reservando medio vaso da auga de coceren, e engadímolos na pota de barro.
  8. Engadímo-la carne dos mexillóns, o medio vaso de auga reservada e deixámolos cocer uns 5 minutos a fogo suave antes de esparexer por riba o perexil picado e servir.

Notas

Os tempos de cocción dos garavanzos son tempos reais pero, dependendo de que clase de garavanzos, estes tempos poden variar, así que aconsello que sigades os tempos marcados, normalmente, nos paquetes.

Tempo: 3 horas

Comensais: 4 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.