Receita: Garavanzos con ameixas

Ingredientes

  • 300 g de garavanzos
  • 300 g de ameixas
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 1 pemento verde
  • 3 dentes de allo
  • 1 culleriña de pemento doce
  • 2 culleres de salsa de tomate
  • Perexil picado
  • aceite
  • sal

Descrición

  1. Pómo-los garavanzos a remollo de véspera.
  2. Escoámolos e botámolos nunha pota con auga fervendo , xunto coa cebola pelada e enteira, a cenoria e o pemento verde sen corozo.
  3. Salgamos un pouco, engadimos aceite e deixámolos cocer ata que estean tenros (Ollade o tempo que ven indicado no paquete; en pota normal de 2,5 a 3 horas).
  4. Sacámo-la cebola, a cenoria mailo pemento verde, triturámolos e reservamos.
  5. Pelámo-los dentes de allo e picámolos miudiños, pómolos a dourar nunha pota con aceite, engadímo-las ameixas e coa pota tapada esperamos a que abran as ameixas.
  6. Engadimos o pemento doce remexemos un pouco para mesturar e logo diso afastamos do lume.
  7. Engadimos na pota os garavanzos ben escoados, a salsa de tomate e o puré de verduras.
  8. Deixámolo cocer todo xunto a lume suave por uns 10 minutos para que se mesturen os sabores.
  9. Esparexemos por riba con perexil picado antes de servir.

Tempo: 3 horas

Comensais: 4 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.