Receita: Bacallau con leite

Ingredientes

  • 4 talladas de bacallau
  • 1 Kg. de patacas
  • 1 cebola grande
  • Azafrán ou colorante artificial
  • Pementa
  • 1 vaso grande de leite (250 ml.)
  • 1 vaso pequeno de nata (100ml)
  • Perexil picado
  • Fariña
  • Ovo para rebozar
  • Aceite
  • Sal

Descrición

  1. Desalgámo-lo bacallau 48 horas cambiando a auga cada 12 horas. Pelámo-las patacas en rodas en rodas 0.5 cm de grosas.
  2. Fritímo-las patacas en aceite quente ata que se douren polas dúas partes e dispómolas nunha pota de barro ancha e chan.
  3. Secámo-lo bacallau cun pano, rebozámolo en fariña e ovo batido, fritímo-las talladas por ámbalas dúas caras, e pómolas por riba das patacas.
  4. Picámo-la cebola en xuliana miúda, fritímola suavemente nunha tixola ata que amoleza e cando estea branda engadímoslle o vaso de leite, o vaso de nata, a pementa e o azafrán torrado e moído.
  5. Deixamos que volva a ferver e nese intre engadímolo sobre a pota de barro onde está o bacallau coas patacas.
  6. Tapámolo e pómolo a ferver ó lume suave ata que as patacas estean feitas (5-10 minutos), removendo de cando en vez para que a salsa vaia ligando e espesando e non se nos apegue.
  7. Esparexer perexil picado por riba e servir na mesma pota de barro.

Tempo: 60 minutos

Comensais: 4 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.