Mar 23 Feb 2010
Torta de Queixo de Arzúa
Posted by Crisanto under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Torta de Queixo de Arzúa
Receita: Torta de Queixo de Arzúa
Ingredentes
- 250 g de queixo de Arzúa
- 1/2 Cunca de nata líquida
- 1/2 Cunca de leite
- 125 g de galletas
- 2 Cucharadas de Brandy
- 1 Cucharada de manteiga
- 2 Ovos
- 4 Cucharadas de azucar
- Marmelada de fresa ou frambuesa para cubrir
Descrición
- Desfacer as galletas e mesturalas coa manteiga derretida e co brandy;
- Forrar con esta masa a base dun molde desmontable e deixalo dentro da neveira a esfriar ata que nos faga falla.
- Quentar o leite e a nata nun cazo.
- Engadir o azucre e o queixo, e remover ata que se derreta, quedando unha crema homoxénea.
- Sacalo do lume e engadir os ovos.
- Verter a crema no molde desmontable frío.
- Meter ó forno, a uns 180ºC, uns 20 minutos, ata que a se faga (comprobalo cunha agulla da calceta ou cun coitelo ata que este sala limpo).
- Meter ó frigorífico e, unha vez esfriado, desmoldear
- Cubrir coa marmelada e servir fría.
Comensales: 8
No Responses to “ Torta de Queixo de Arzúa ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.