Receita: Roliños de salmón con cantarelos

Ingredentes

  • Salmón afumado
  • 1 aguacate
  • 4 follas de leituga
  • 6 Cantarelos frescos ou en conserva de vinagre (Cantharellus cibarius)
  • Maionesa de cogomelos
  • Col lombarda
  • Rabaníños
  • Cancro de mar (imitación)

Ingredentes para a vinagreta

  • 3 partes de aceite
  • 1 parte de vinagre
  • pemento verde, cebola, cogombriños; todo moi picadiño)

Ingredentes para a maionesa

  • 2 xemas de ovo
  • 20 g. de cogomelos
  • 250 g. de aceite de virxe extra
  • Sal e un chisco de pementa

Descrición

  1. Se mercamos o salmón e non ven cortado,facelo en lascas finas.
  2. Cortar en tacos pequeniños o aguacate e picar miudiña dúas follas de leituga mailos cogomelos.
  3. Mesturamos o aguacate, a leituga e os cogomelos coa maionesa de cantarelo (empregamos na maionesa o mesmo cogomelo para non mesturar os sabores dos cogomelos).
  4. Facémola maionesa pondo nun recipiente alto os cogomelos e as xemas de ovo, o sal maila pementa moída.
  5. Engadimos o aceite aos poucos e batemos (a man ou con batedoiro eléctrico) sen parar ata conseguir a maionesa.
  6. Cando a maionesa suba engadímoslle o sal e un chisco de vinagre ou limón
  7. Estendémolas lascas de salmón no mesado e enriba delas pomos unha ou dúas culleres da mestura anterior e facémolos rolos.
  8. No fondo dunha bandexa de presentación pomos 2 follas de leituga picadiña, col lombarda macerada en vinagre, rabaniños cortados en lascas e o cancro cortados en xuliana
  9. Colocámolos rolos de xeito que quede bonito, e regámolo todo coa vinagreta

Notas

MOI IMPORTANTE

Esta ensalada podese preparar tamén con outros cogomelos pero ollo porque non todos eles se poden consumir en cru

Comensales: 4

Tradición Culinaria: Galega