Receita: Paté de Cogomelos

Ingredentes

  • 3 Kg. de Pleurotus Ostreatus ou outro cogomelo
  • 1 Kg. de cebola
  • 300 ml. de aceite
  • 1 vaso de pan relado
  • Ourego e romeo ao gusto
  • Sal

Descrición

  1. Picade a cebola e, nunha tixola co aceite, refogádea a lume suave ata abrandala.
  2. Engadídelle os cogomelos cortados e cociñádeos ata que se fagan ben e reduza un pouco a auga de formación. (Se queda moita auga logo hai que engadir máis pan relado).
  3. Triturade todo e engadídelle o ourego mailo romeo e o pan relado.
  4. Seguide triturando para mesturar.
  5. A masa ten que ficar consistente se non engadídelle máis pan.
  6. Pasádeo a tarros de cristal coa axuda dunha manga pasteleira ou unha espátula.
  7. Logo de pechalos, cocédeos nunha pota rápida, cun pouco de auga no fondo, no decurso de 40 minutos pra esterilizar.