Archive for Febreiro 18th, 2010

Cabaleiro do mar, fun cabaleiro
dun castelo de estrelas desvalidas,
entre cachóns de anémonas perdidas
entre cinzas que afloran no salseiro.

Cabaleiro do mar, fun cabaleiro,
na galera de mans esvaecidas,
entre bágoas de sal esmorecidas,
amarrando o puntal do mastroeiro.

Cabaleiro do mar; de pés mollados,
entre alfanxes sombríos, ondulados,
de azagaia sutil e nacarada.

Cabaleiro de soño e de serea
tumbado no devalo da marea
sen pavés, sen loriga e sen espada.

Fonte: BVG

Receita: Folar de Chaves

Ingredentes

  • 500 g de fariña
  • Fermento de panadeiro
  • 6 ovos
  • 100 cl. de aceite (½ vaso)
  • 75 g de manteiga de porco
  • 100 g de xamón desalgado
  • 100 g de touciño entrefebrado
  • 500 g de carne sen oso. (Vitela, porco, coello, ou polo, etc.)
  • Manteiga de porco
  • Xema de ovo
  • Sal

Descrición

  1. Pómola fariña en montón nunha cunca fonda e botamos no medio o fermento de panadeiro, desfeito nun vaso de auga tépeda e salgada cunha culleriña de sal
  2. Metémolos ovos en auga morna para que perdan a friúra da neveira e escachámolos sobre a fariña.
  3. Mesturámolo todo mexendo ben.
  4. Axiña, botamos na masa a margarina derretida, xunto co aceite.
  5. Amasámolo moi ben botándolle fariña, se cómpre, ata que a masa se desapegue da cunca.
  6. Empoámola cun pouco de fariña, tapámola cun pano e deixámola levedar nun sitio tépedo.
  7. Aparte, fritímolas carnes en manteiga. (Tamén se pode empregar aceite) Non hai que fritila moito pois logo aínda se fai tamén no forno
  8. Dividímola masa en 4 ou 5 partes, forrando coa maior o fondo e as paredes dunha forma redonda e alta (7-8 cm.) untada con manteiga.
  9. Logo disto colocamos dentro do recipiente capas alternadas de carnes e masa, sendo a última de masa.
  10. Cerramos ben as bordas da masa e pintámola superficie con xema de ovo.
  11. Deixámolo repousar 2 horas, para que volva levedar e metémolo despois no forno ben quente (190ºC) a cocer durante uns 45 minutos.

Notas

* Aínda que esta é unha receita portuguesa, quizais porque nacín preto da raia, a miña mai acostumaba facelo as veces cando cocía o pan no forno do pobo ela collía un anaco de masa como para facer un pan e metíalle dentro o que tiñamos máis a man: touciño, chourizos e se acaso un pouco de xamón desalgado pero deste último pouco, Non sei se pola fame ou porque non podiamos ter outros caprichos, daquela qué ben me sabía o pouco folar que me tocaba.

* Pódese empregar para o recheo calquera carne que se teña a man, botando só dunha clase dela, pero eu coido que a carne de porco, touciño, xamón, etc. non debe faltar no folar.

Comensales: 6 – 8 persoas

Receita: Paté de Cogomelos

Ingredentes

  • 3 Kg. de Pleurotus Ostreatus ou outro cogomelo
  • 1 Kg. de cebola
  • 300 ml. de aceite
  • 1 vaso de pan relado
  • Ourego e romeo ao gusto
  • Sal

(máis…)

Receita: Roliños de salmón con cantarelos

Ingredentes

  • Salmón afumado
  • 1 aguacate
  • 4 follas de leituga
  • 6 Cantarelos frescos ou en conserva de vinagre (Cantharellus cibarius)
  • Maionesa de cogomelos
  • Col lombarda
  • Rabaníños
  • Cancro de mar (imitación)

(máis…)