Receita: Carne ó caldeiro

Ingredientes

  • 2 kg de carne de pote (faldra sen costela)
  • 8 patacas
  • 100gr de unto
  • 1 dente de allo
  • Pemento doce ou picante
  • Sal mariño

Descrición

  1. Cortámola carne en anacos grandes, (aprox. 100 gr.) e metémolos nunha pota grande con auga, o unto, un pouco de sal mariño e pómolo a cocer de vagar.
  2. Cando a carne estea case cocida (picámola cun garfo para sabelo), engadímolas patacas peladas e cortadas en cachelos (ó través en anacos grandes) e deixámolas ferver. Con 20 minutos teñen dabondo para estaren cocidas.
  3. Escoamos todo e botámolo nunha fonte, esparexemos pemento por riba, un dente de allo picado miúdo, un pouco de sal groso e regámolo con aceite cru.
  4. Servímolo quente

Notas

 Se ó cocela carne non temos unto podemos botar manteiga de porco ou touciño branco curado. Non sabe igual pero…

Duración: 80 minutos

Comensales: 8 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.