Archive for Febreiro 15th, 2010

Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.

Vai o gato…

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira

Vai o gato…

Receita: Filloas con Marisco

Ingredentes para as Filloas:

  • 3 ovos
  • 50 g. de fariña
  • 50 g. de manteiga
  • 1/2 vaso de leite
  • un chisco de sal

Ingredentes para o Recheo:

  • 12 lagostinos ou camaroóns pelados
  • 1/2 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 pemento verde
  • outro tanto de pemento vermello
  • 2 culleradas de fariña
  • 1 chisco de sal

Ingredentes para a Salsa Americana:

  • 50 cc. de aceite
  • ½ cebola
  • 1 porro (o branco)
  • 1 dente de allo
  • 12 cabezas de camaróns ou lagostinos
  • 1 cullerada de fariña
  • 1 chisco de pemento doce
  • 2 tomates maduros
  • 100 cc. de viño branco do pais
  • 250 cc. de caldo de peixe
  • ½ copita de brandy
  • 1 chisco de sal

(máis…)