Archive for Febreiro 14th, 2010

Ingredientes (para 4 personas)

  • 2 rabos de 1500g.
  • 70 gr. de chalotas
  • 2 puerros
  • 1 zanahoria grande
  • 1kg. Patatas
  • 3 tomates maduros y pelados
  • 1 rama de tomillo
  • 2 hojas de laurel
  • 3 dientes de ajo
  • 1litro de vino tinto (rioja)
  • 1 litro de caldo de carne
  • 3/4 litros de aceite virgen extra
  • sal, pimienta negra en grano
  • 1 cucharadita de las de café de pimentón dulce
  • 50g. de chocolate amargo
  • 1/2 decilitro de vinagre de Módena

Preparación

Cortar y salpimentar los rabos, y dorarlos en aceite a fuego fuerte. Retirar y reservar. En el mismo aceite añadir las chalotas, los puerros, la zanahoria, los ajos, el tomillo y el laurel, le damos unas vueltas y añadimos los tomates cortados y los rabos. Seguir cocinando durante unos minutos. Añadir el vino, el vinagre, y dejamos cocinar otros 10 minutos. Se le añade el caldo y el pimentón, tapamos y dejamos cocinar a fuego muy lento durante una hora y media; comprobamos si están tiernos, los retiramos para una fuente. Añadimos el chocolate a la salsa, desgrasamos y colamos. Repasamos de sal y napamos los rabos con la salsa. Acompañamos con patatas fritas.

Fuente:Rabo de Boi Galego Turonia por Manuel Alonso Lea – Restaurante La Pizzicata“, en “La Guardia en Imágenes“.

A literatura gallega conta con unha xoya mais, feita pol-a ben cortada pruma d’o noso enxebre compañeiro don Ramon Armada, Amador Maran, ou Chumín de Céltegos, que, anque tres nomes distintos, é un solo poeta verdadeiro.
O apropóseto líreco-dramáteco que tên por nome o qu’encabeza iste artículo, leva un fin dino d’os laudes d’os bos gallegos; digo, leva dous: gabar â Sociedade de Beneficencia de naturás de Galicia, e pintar os malos resultados qu’os nosos peisanos recollen d’a mal fadada emigracion.
¿Ataca e resolve con sorte o libriño de que trato esta últema e tan cacareada custión? Eu penso que non, e penso ainda mais; creio qu’esto solo pode resolverse en folletos y-artículos de peródicos, mais de ningunha maneira n-un libro que leva por ouxeto o engayolar ô púbrico e pintar sômente pasiós ou costumes, pro nunca resolver custiós sociás de semellante tracendenza.
A emigración, segun algús, é unha lei histórica á que obedeceron os pobos, dende os comenzos d’o mundo hastr’os nosos dias; segun outros, é rempuxada pol-as necesidades, pol-a moita pobración e pol-o mal goberno. A esto últemo, y-ô primeiro conceuto, penso eu q’obedece o q’os nosos peisanos deixen o fogar por outras terras. Denlle ô pobo gallego todo o que pide Curros Enriquez n-unha tenra poesía d’Aires d’a miña terra, e si despois non amaina a manía d’abandonar o nativo fogar, deixade a ese pobo, pois
“A civilización y-as anduriñas
D’unhas terras á outras van e ven:
Querer que non emigren e matalas,
O mesmo ven a ser.” (1)

Siguirei á diante n-o exámen d’o libriño “Non mais emigración.” A amistade que me liga ô autor, impídeme de que non sexa mui longo n-os laudes que n-esta ocasion merece. Pro, Roque d’as Mariñas non se pára en barras, e con tal que diga a verdade desnuda —hastra sin cirolas— impórtalle pouco o que digan os demais.
O argumento é interesante y-está desenvolto con maesía, têndo personaxes mui ben deliñados, prencipalmente Marica e Xan, protagonistas d’o apropóseto.
N-o cuadro primeiro d’o primeiro auto, “A tascar”, penso de min qu’o autor debía estenderse un pouquiño mais, pois ven a ser o prólogo, ou a esposición d’a obra en que se d’a á conocer ô púbrico o novelo de fio que n-as siguentes escenas se desenvolve. Non penso, por iso, qu’esto sea un defeuto de talla, defeuto que queda dispensado ô lêr os siguentes cuadros, entr’os que merecen mil aprausos os nomeados “Cousas d’a emigracion” e “Volta ô fogar”, n-os que se pinta d’unha maneira que non merece tacha, as escenas que suceden cando o emigrado, despois de mil infertunios, retorna ô colo d’a familia.
Faltábame por decir o mais importante. A obra de Chumín está escrita n-a mimosa lingua gallega; n-esa lingua con q’os anxeliños deben parolar n-o ceo.
O lenguaxe é enxebre, anque de vez en cando cheira un pouquiño a castelán. A versificación é tamén manífica e de bon xeito pra pôrlle música. Tên versiños que valen calquera cousa, e non podo resistir o deseio de dar a conocer algun. Escarrancho ó libro —con perdon— e ô vultuntun saco este anaco d’o duo qu’entre Marica e Xan cantan n-o cuadro segundo d’o primeiro auto:
“XAN.

Si xa tiñas
N-os ollos as bagoíñas
Dispostas pra m’engañar,
Y-ô vertelas
Procatabas que con elas
Meu amor ibas pillár,
Pra de cote
Deixarme sobr’o gañote
A ilusion d’aquel querer,
¿A qué ferías
O meu peito con falsías?
¡Trasn’ou demo de muller!»

¿Pode darse algo mellor? Eu penso que non. Nin o lenguaxe nin a rima poden mellorarse, pois ademais d’a facilidade que revelan n-o autor, teñen o gusto gallego, d’ unha maneira moi marcada y-enxebre.
O falado, é decir, a prosa, tên un encanto, unha forma tan natural, y-un coorido tan gallego, que n’hai mais que pedir. Mil lembranzas esperta iste libriño ô leer os modismos tan própeos d’a nosa lingua como por exempro:— «Aí que xente! —O que é hoxe —Ser son o demo —¿Seique tés gana de leria? —Nó, pois il.» etc., etc.; todo moi natural e todo puramente com’ó qu’en Galicia se fala.
Mil cousas boas podía asinalar n-o apropóseto d’o compañeiro Chumín, pro teño medo de cansar os meus leutores. Copearei sômente ista manífica paróla qu’enxerga un rapaz que preside n-o cuadro “Emigracion” á un fato de rapaces que saen â’scena vestidos con puchas de papel y-escopetas de cana, pretendendo asemellarse á unha compañía de tropa; paróla que parece feita pr’as circunstancias porque a España atravesa hoxe. Eiqui a tedes:
“RAPAZ.
¡Media vòlta pol-a dereita…. derei….! Alto….! ¡No seu lugar…. descansen! (Pasalles revista un por un.)
¡Compañeiros! (Ap.) Botareillel-a paróla que, pr’o caso, m’enseñou ònte meu tio Xerome. (Con moita enerxía.) A patrea gallega chámanos a defendel-o fogár. Aventureiros de mala facha lixaron a nòsa bandeira e faise mestèr que cada migalla de pringo se labe co’a sangue de cèn corazós enemigos. Non temamos ô númaro nin às ventaxas d’o armamento. Con pòlas de figueira escorrentaron os betanceiros a miles de foraxidos mouros, cand’o famoso tributo d’as “cèn doncellas”: con fungueiros e fouces, si n-hai outra cousa, escorrentarèmos nosoutros ôs zumezugas d’o dia. Pardo de Cèla vixila os nosos pasos; Viriato-o-Régulo-recórdanos o seu linaxe; os fusilados n’o Carrál, amostrannos seu valimento. Probèmos, póis, que somos dinos de leval-os nòmes que d’esos guerreiros hèrdamos; Ioitèmos, com’ôs valentes d’o Medulio y-o Ponte Sampayo, e si a forza d’os alleos pode máis qu’a rosa, morramos apreixados â bandeira d’a pátrea, como morreu o batallon literario de Santiago n’os montes d’o Vierzo. Galicia, enton, bendecirá os nòsos nòmes: pedirá vinganza ô ceo, e desd’o fondo d’a cratedal de Santiago ergueráse fero o héroe de Clavixo, pra machucár baíx’os cascos d’o seu famoso cabalo ôs asesinos d’a honra d’a pátrea. ¡Compañeiros! Que nosos fillos non s’avergoncen nunca de que lles dimol-o ser; peleèmos como bos gallegos, e namentras teñamos alento berrèmos por chaus e penedos en son d’aturuxo ¡Viva Galicia!”

Siga o autor de “Non mais emigración” o camiño comenzado por don Farruco d’a Igresia, o de donar â literatura gallega obras dramátecas que influirán moito pra erguer a lingua gallega; e teña en conta que recollerá aprausos á bau, comenzando eu por darlle os primeiros, qu’anque d’un compañeiro, non son aprausos nados pol-a amistá, si non pol-os seus merecementos.
Roque d’as Mariñas
Habana, 6 d’Outubre de 1885.

(1) Curros Enriquez (N. do A.).

Receita: Bechamel para Croquetas e Salsa

Ingredentes para Croquetas

  • 125 g. de manteiga de leite
  • 125 g. de fariña
  • 1 litro de leite
  • Noz moscada
  • Sal

(máis…)