Receita: Empanadillas Caseñas

Ingredentes para a Masa

  • 1/2kilo de fariña
  • 1 chorriño de aceite de oliva
  • 1 chorriño de viño branco
  • sal
  • manteiga
  • 2 ovos
  • 1 sobre de fermento en po “Royal”

Ingredientes para o Recheo

  • 1 tarro ou lata de paté de bonito
  • un pouco de xamón picado (ó gusto)
  • un pouco de chourizo picadiño (ó gusto)
  • 1 chisco de leite

Descrición

  1. Pór nunha cunca fonda a fariña mesturada co fermento e mailos ovos.
  2. Pór nunha pota pequena o viño, o aceite, o sal e a manteiga a quentar un pouco (amornalo tan só).
  3. Despois engadir esto último onde a fariña e amasar ben.
  4. Facer unha bola e deixalo nun sitio morno tapado cun pano durante unha hora.
  5. Facer o recheo mesturando o tarriño de paté de bonito, o xamón e o chourizo picados, un pouco de leite; remexelo un pouco para mesturalo ben e xa está listo o recheo.
  6. Ir collendo anacos pequenos de masa, estiralos e cortalos coa axuda dunha cunca (hai que ter moito coidado por que rompe axiña)
  7. Pór unha oblea na mesa, botar o recheo, tapar con outra oblea e unilas facendo repolgue ou premendo o redor cun garfo
  8. Fritilas en moito aceite e… listo.

Notas

  1. O sabor e moi parecido a masa follada. Están boísimas.
  2. Sobroume un pouquiño de masa e fixen tiras alongadas, boteille azucre, e fritinas… están para lamber os dedos.

Comensales: 10