Receita: Orellas de Entroido (2)

Ingredentes

  • 3/4 Kg de fariña,
  • 9 ovos
  • 1 tacita de manteiga cocida de vaca
  • 3 copas de anís
  • 1 limón (a casca)
  • aceite para fretir
  • Sal

Descrición

  1. Mestúranse todos os ingredientes (a fariña váiselle botando aos poucos porque debe quedar máis branda que a masa do pan).
  2. Amasase ata que estire con facilidade.
  3. Estírase cun rolo untado en aceite, sobre unha superficie lisa, tamén aceitada (queima menos o aceite da tixola).
  4. Córtanse en anacos e estíranse aínda máis coas mans. Vanse fritindo nunha tixola con aceite abondo (deben nadar) ben quente na que denates se lle botou unha casca de limón.
  5. Sérvense asperxidas con azucre.

Comensales: 10