Mér 3 Feb 2010
Orellas de Entroido (1)
Posted by casdeiro under Cociña galega, Pratos típicos das festas, Sobremesas
Comentarios desactivados en Orellas de Entroido (1)
Receita: Orellas de Entroido (1)
Ingredentes
- 1 Kg de fariña aproximadamente
- 200 g de manteiga
- 1 raladura de limón
- 1/2 raladura de naranxa
- zume dunha laranxa
- 3 ovos
- 75 g de azucre
- 1 vasiño de anís
- aceite
Descrición
- Forma un volcán coa fariña. Bota os ovos batidos, a manteiga, o azucre e mais a copa de anís no burato.
- Mesturáse e amásase ata que a masa estire. Deixámola repousar 1 hora.
- Extendémola sobre fariña salferida facendo unha lámina moi fina. Cortamos en formas oblongas e as fritimos en aceite non moi quente polas dúas caras. Namentres friten dobrámolas un pouco cun garfo para lles dar a forma de orella. Están no seu punto cando collen cor un pouco dourada.
- Ímolas sacando, deixamos enfriar e as salferimos de azucre (en pó ou normal).
Comensales: 6
No Responses to “ Orellas de Entroido (1) ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.