Ingredientes

  • 12 filloas de caldo (ou de leite)
  • 1 mollo de grelos
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 50 Grs de piñóns
  • 2 ovos
  • aceite
  • sal
  • pementa
  • noz moscada

Preparación e Presentación

Cócense os grelos en abundante auga con un pouco de sal e destapados, logo escórrense e pícanse. Na tixola agregamos 6 culleradas de aceite e, unha vez quente, douraremos a cebola (que terá que estar moi picada). Agréganse máis tarde os dentes de allo (que estarán machacados), os grelos e os piñóns (sazonandos con pementa e noz moscada).

Énchese cada filloa coa mestura de verdura e enrólase formando un canuto. Rebózanse nos ovos (que previamente estarán batidos) e no pan relado, logo pásanse á tixola onde se friten con abundante aceite. Sérvense en quente; pero tamén se poden tomar soas ou acompañadas de salsa de tomate ou ao gusto do consumidor.

Fuente: Wikibooks.org