Archive for Xaneiro 27th, 2010

Ingredintes (4 persoas)

  • Bacallau: 1,000 grs. (desalgado)
  • Pementos: 3
  • Cebolas: 3
  • Aceite de oliva: 100 cc. (sobrante de preparar o recheo)
  • Leite: 50 cc. (morno)
  • Lévedo: 30 grs. (de panadería)
  • Fariña: 350 grs.
  • Ovos: 2 (para vernizar a empanada)
  • Auga: 125 cc. (morna)

Instrucións

      1. Prepárase o recheo da empanada cos pementos e as cebolas cortados en xuliana e o bacallau desmigado.
      2. Prepárase a masa da empanada co aceite sobrante de guisar o recheo (100 cc.), o lévedo de panadería, o leite morno, a auga morna, 250 grs. da fariña e o sal. Trabállase a masa coas variñas até que se solte da cunca que estamos a usar e logo a mán durante 10 minutos. Déixase repousar media hora e estírase en dúas partes co rodete.
      3. Colócase a metade da masa nunha fonte de forno engraxada. Pínchase a masa cun garfo e esténdese sobre ela o recheo. Cúbrese coa otra metade da masa, que tamén hai que pinchar, e fáiselle un buraco no centro a xeito de cheminea. Sélanse as dúas partes e adórnase cos restos da masa. Enfórnase durante media hora a 180º.

Temporada

Todo o ano.

Fuente: Wikibooks.org

Do mar pola orela
     mireina pasar,
     na frente unha estrela,
     no bico un cantar.
     E vina tan sola
     na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

               II

     A Musa dos pobos
     que vin pasar eu,
     comesta dos lobos,
     comesta morreu…
     Os ósos son dela
     que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Fonte: BVG