O polbo á feira é unha preparación culinaria típica de Galiza e consistente en polbo fervido inteiro e servido con sal, aceite de oliva e pimentón. Seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, servido en pratos de madeira (mais fáceis de transportar) ainda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.

Era un prato nun comun nuha época en que os transportes eran moi lentos o peixe fresco só estaba disponíbel perto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

lngredentes:

  • I polbo de 1 quilo
  • pemento picante
  • pemento doce
  • aceite
  • sal groso

Instrucións:

      1. Mellor utilizar un polbo conxelado pois así evítase ter que mazalo para que non estexa duro.

        2. Unha vez desconxelado ponse a ferver auga abundante e cando esté fervendo collese o polbo pola cabeza e mergúllase unhas can­tas veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel.
        3. Deixase cocer de 40 a 50 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
        4. Unha vez coci­do, escorrese e cortase cunhas tesoiras.
        5. Sírvese nun plato de madeira aliñado con sal groso, aceite e pemento.
        6. Dependendo do forte que o quei­ramos engádese o pemento picante, doce ou mesturado.

Fuente: Wikibooks.org