Ingredientes

  • 4 ovos
  • 3 culleradas de fariña de centeo
  • 6 culleradas de fariña de trigo
  • 1 vaso de auga
  • 1 vaso de leite
  • 1 cullerada de canela (nunha culler das do café)
  • 1 nasco de touciño (no seu defecto, manteiga de vaca)
  • mel

Preparación e Presentación

Mestúranse os ovos, as fariñas e a canela a que se lle vai engadindo auga e leite (se é necesario na menor cantidade da indicada) ata facer unha pasta lixeira. Unha vez posta a tixola ao lume e untada con touciño ou manteiga de vaca, bótase un pouco de masa movendo a tixola para que se estenda nunha fina capa. Se sobra masa, escórrese por unha beira; cando comece a dourarse dáselle a volta agarrando cos dedos (hai quen utiliza unhas pinzas de madeira).

Feitas as filloas, pódense aderezar con mel ou outro produto ao gusto da persoa que consome.

Fuente: Wikibooks.org